viernes, 10 de marzo de 2017

Diario de aprendizaxe da tarefa integrada da UD 3

Nas últimas sesións das clases de historia estivemos realizando un traballo en grupo que consistía en realizar un vídeo con diferentes fontes históricas acompañadas dunha voz en off grabada por nós mesmos, onde ao final engadimos unha pequena sección pertencente ás palabras de vocabulario asociadas ao tema que nos foi asignado.
Nas dúas primeiras sesións de exposición e explicación do traballo non pude asistir ás clases, así que comencei a traballar na terceira.
Na primeira sesión realizamos unha búsqueda de fontes hidtóricas relacionadas co noso tema a expoñer e fixemos unha investigación para poder atopar as datas e procedencias de cada cadro, imaxe, mapa, grabado, debuxo, retrato... E comenzamos a resumir, cada participante do grupo, a parte do tema xeral que lle foi asignada a partir da fonte de información que nos proporcionou o libro de texto.
Na segunda sesión, grabamos as voces e pola miña parte, comencei a engadir as miñas fontes históricas ao Movie Maker do que se encargaba Alejandra, engadindo algunhas imaxes das que xa tíñamos e buscando outras novas. Tivemos certos contratempos co tempo de grabación das voces en off porque duraba demasiado e non éramos capaces de cadrar os minutos, pero ao final, reducindo máis os contidos conseguimos facer máis ou menos tres minutos e, ao final da sesión, buscamos algunha palabra de vocabulario.
Na terceira sesión realizamos a última parte do vídeo e describimos as palabras de vocabulario que anotáramos anteriormente e engadimos as últimas imaxes, transicións, cortes entre as grabacións... Para que o vídeo quedara correcto e puidéramos rematalo e envialo. Pero, non nos deu tempo de rematar o vídeo na clase e tivemos que terminar de montalo pola tarde. Ao final conseguimos rematalo e Alejandra e mais eu rematamos o vídeo con axuda duns últimos recursos históricos buscados por David e Guille.

No hay comentarios:

Publicar un comentario