sábado, 30 de enero de 2016

Exposición do proxecto.

Entre as tarefas que realicei durante o proxecto se encontran, o buscar información sobre a empresa e atopala nun principio, a elaboración do correo, a construción das preguntas xunto con Mario e Vero, o apuntamento das respostas na entrevista, o interrogatorio extra onde Vero e máis eu preguntamos dúbidas, curiosidades, datos, etc. aos traballadores de ABC de BIO, a elaboración do documento escrito xunto a Vero e Santi e a montaxe da videoreportaxe coa colaboración de Vero e a axuda de Mario e Santi.

Na visita ao supermercado, estivemos durante casi tres horas facendo as preguntas planeadas e ademais, preguntas e dúbidas que foron surxindo a medida que descubríamos a tenda, os seus produtos e a súa historia, tamén grabamos absolutamente toda a entrevista pero debido a que hai moitos momentos que recortar e que ademais dura demasiado, non a incluímos toda na videoreportaxe. Tamén grabamos audios e apuntamos todas as respostas e toda a inrformación que nos proporcionaron amablemente os traballadores de ABC de BIO xa que atendéronnos en todo momento e axudáronnos a obter mais apuntes dos que lles pedimos nun primer momento e ademais ofrecéronse a presentarnos todas as partes da tenda cos seus produtos.

No grupo, houbo boa comumnicación case todo o tempo e participación na elaboración das tarefas por parte de todos os membros do grupo aínda que uns aportaron máis que outros. Sen embargo, houbo unha colaboración conxunta e unha escoita activa entre os membros do grupo en todos os traballos.

Este proxecto brindoume a oportunidade de aprender a traballar contando con outras persoas como apoio, a repartir as tarefas e a realizar un bo traballo en equipo ademais de mellorar a miña forma de traballar en grupo. Por outro lado, tamén aproveitei esta ocasión para aprender máis sobre o mundo laboral e económico e obtiven moita información sobre os produtos ecolóxicos e o comercio xusto grazas aos traballadores da nosa tenda a as búsquedas anteriores en internet.

Na miña opinión, o máis difícil foi atopar unha tenda/empresa/supermercado que se axustase as condicións que propoñía o traballo xa que dende un principio tivemos problemas porque unha empresa rechazounos e a outra non nos respopndeu polo cal tivemos que buscar unha a contra reloxo e de feito, non é unha empresa se non, un supermercado de produtos ecolóxicos e que comercializa levando a cabo un comercio xusto.

O máis fácil foi, sen dúbida algunha pola miña parte, a entrevista. Costounos un pouco idear todas as preguntas, pero unha vez que estivemos alí todo foi moito máis sencillo. Os traballadores foron moi amables e deixáronnos facer todo tipo de preguntas ademais de proporcionarnos información sobre todo o que nos chamaba a atención. Tamén, cando fumos a tenda e rematamos de facer as preguntas que tíñamos planeadas, estivemos case dous horas facendo outras preguntas que saíron mais naturais e que foron moito mais sencillas de idear.

A miña proposta para mellorar este proxecto é que haxa máis tempo para montar todos os documentos xa que no meu grupo non deu tempo a rematar ningún traballo nas clases, pero quitando iso, todo o proxecto pareceume xenial, brindounos a oportunidade de aprender doutra maneira que ao meu parecer, é moito máis eficaz ademais de que grazas a isto, agora sbemos muito mais sobre o mundo laboral, a economía, os produtos ecolóxicos e o comercio xusto. Por isto, non cambiaría nada que tivese que ver coa entrevista, a búsqueda da empresa e o contacto con traballadores reais.