viernes, 10 de marzo de 2017

Tarefa integrada UD 3: Galicia no S. XIX (vídeo)

Galicia no S. XIX


Enlace



CRONOLOXÍA: adxuntamos aquí a cronoloxía xa que houbo un erro de edición e o programa co que traballamos non nos deixou poñer a cronoloxía xunto co vocabulario, sentimos as molestias.

-Guerra de Independencia Española (1808-1814).
-Ocupación dos franceses durante a guerra en Galicia (1809).
-Os franceses, ao mando do mariscal Soult, persiguen o exército inglés de Moore (1809).
-Batalla de Elviña (1809).
-Batalla de Pontesampaio (7 e 9 de xuño de 1809).
-Pronunciamento de Díaz Porlier (1815).
-Novo pronunciamento cando a gornición da Coruña apoiou a sublevación de Riego en Cádiz (1820)
-Pronunciamento do comandante Solís (1846).
-Mártires de Carral (1846).
-Galeguismo (mediados do século XIX).
-Provincialismo (1840-1846).
-Reforma de Xavier Burgos (1833).
-Rexionalismo (1885-1916).
-Peche da fábrica de Sargadelos (1875).
-Desamortización das propiedades da Igrexa (1836).

Diario de aprendizaxe da tarefa integrada da UD 3

Nas últimas sesións das clases de historia estivemos realizando un traballo en grupo que consistía en realizar un vídeo con diferentes fontes históricas acompañadas dunha voz en off grabada por nós mesmos, onde ao final engadimos unha pequena sección pertencente ás palabras de vocabulario asociadas ao tema que nos foi asignado.
Nas dúas primeiras sesións de exposición e explicación do traballo non pude asistir ás clases, así que comencei a traballar na terceira.
Na primeira sesión realizamos unha búsqueda de fontes hidtóricas relacionadas co noso tema a expoñer e fixemos unha investigación para poder atopar as datas e procedencias de cada cadro, imaxe, mapa, grabado, debuxo, retrato... E comenzamos a resumir, cada participante do grupo, a parte do tema xeral que lle foi asignada a partir da fonte de información que nos proporcionou o libro de texto.
Na segunda sesión, grabamos as voces e pola miña parte, comencei a engadir as miñas fontes históricas ao Movie Maker do que se encargaba Alejandra, engadindo algunhas imaxes das que xa tíñamos e buscando outras novas. Tivemos certos contratempos co tempo de grabación das voces en off porque duraba demasiado e non éramos capaces de cadrar os minutos, pero ao final, reducindo máis os contidos conseguimos facer máis ou menos tres minutos e, ao final da sesión, buscamos algunha palabra de vocabulario.
Na terceira sesión realizamos a última parte do vídeo e describimos as palabras de vocabulario que anotáramos anteriormente e engadimos as últimas imaxes, transicións, cortes entre as grabacións... Para que o vídeo quedara correcto e puidéramos rematalo e envialo. Pero, non nos deu tempo de rematar o vídeo na clase e tivemos que terminar de montalo pola tarde. Ao final conseguimos rematalo e Alejandra e mais eu rematamos o vídeo con axuda duns últimos recursos históricos buscados por David e Guille.

viernes, 25 de noviembre de 2016

A Revolución Francesa

Tivemos un problema co Timeline e debido a iso, aínda non nos deu tempo de pasar a información a este programa, por iso, de momento, imos subir a información en Power Poit pero proximamente, publicaremos tamén o Timeline.



jueves, 24 de noviembre de 2016

Diario de Sesións

Hoxe redactamos as normas, o plan de equipo e comenzamos a realizar o Time Line

Plan de Traballo

Todos contribuiremos na tarefa e distribuiremosnos o traballo.
Como temos dos ordenadores nun irase facendo o timeline e no outro buscarase a información necesaria para completar o traballo.