miércoles, 25 de noviembre de 2015

Sesión 6

Sociais:
Hoxe traballamos ben en grupo, non houbo discusións e realizamos un bó traballo cooperativo pero tivemos o problema de que unha empresa, da que xa tíñamos feita toda a investigación, respondeunos que a nosa información non correspondía á realidade e por iso, non podemos facer a entrevista desta empresa.
A outra empresa que tíñamos programada non nos mandou resposta e polo tanto, temos que buscar unha nova empresa polo que non avanzamos moito nesta clase.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Sesión 5

Hoxe non pudimos rematar a sesión catro e aínda non empezamos coa cinco.
O rendemento desta clase non foi moi bo xa que tíñamos moitas dúbidas sobre a empresa e moi pouca información sobre ela. Ademais aínda non temos resposta por parte de ningunha das dúas empresas e como consecuencia non podemos respostar moitos dos apartados da sesión catro.

En galego puidemos rematar a sesión catro de investigación da empresa, pero a dinámica de grupo non funcionou de todo ben xa que non conseguíamos estar todos concentrados no mesmo momento e a cada vez alguén dispersábase, por iso, o rendemento desta clase non foi especialmente bo no noso grupo pero temos previsto rematar as preguntas para a entrevista esta semán.

Investigando a Empresa.

1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
  • A nosa emresa é ABC de BIO, é de ámbito nacional e de pequeno tamano xa que hai un só supermercado. É unha S.L. pero aínda non sabemos a súa procedencia do capital e por iso, informarémonos na entrevista.
2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.
  • Pertence ao sector terciario e dentro deste pertence ao subsector dos servizos dedicados ás persoas xa que se adican a vender produtos ecolóxicos aos clientes.
3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
  • Actualmente, o sector terciario é o que máis produce empleo en España e mais no mundo enteiro. É o sector da economía que ofrece servizos ás persoas ao cubrir as súas necesidades. 
4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.
  • ABC de BIO desenvolve actividades económicas de venta de produtos en Vigo, aínda que tamén realizan pedidos a distancia.
5) Localización e factores de localización .
  • Atópase na rúa Padre don Rúa 2,bajo-Vigo (Pontevedra). Segundo os factores de localización, podemos dicir que a localización está determinada pola proximidade ás áreas urbanas e con isto, atraer a máis clientes.
6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
  • Para respostar este apartado, esperaremos ao encontro coa empresa, xa que aínda non temos moi claro se fabrican eles os produtos, qué capital reciben e os recursos naturais que utilizan.
7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
  • Os seus produtos están dirixidos a eles mesmos, xa que venden os seus produtos ecolóxicos.
8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.
  • Teñen un compromiso intacto co cliente, a través do que podemos ver a calidade dos produtos e o comercio xusrto que se leva a cabo con eles, ademáis, teñen moitos proxectos pero obteremos máis información na entrevista.










miércoles, 11 de noviembre de 2015

Sesión 4

Hoxe en xeografía rematamos as solicitudes para as empresas que escollimos, as revisamos con Eva e as mandamos por correo pero non nos deu tempo a empezar a sesión 4 porque levamos un pouco de retraso no traballo. Tentaremos poñernos ao día o antes posible e se seguimos con esta boa dinámica de grupo, estou segura de que o conseguiremos.
Hoxe creo que foi o día de traballo máis productivo debido a que houbo bo ambiente no grupo cooperativo, nos organizamos mellor e tamén practicamos a escoita activa.

Na clase de galego tivemos certos problemas co ordenador polo que aínda non rematamos con todas as preguntas da actividade 4 pero xa están mandadas as dúas solicitudes (aínda que non temos resposta de parte de ningunha das súas) e esperamos rematar pronto o traballo.

Modelo de solicitude

Bos días:

Somos Verónica, Mario, Cloe e Santiago; catro alumnos de 3º ESO do centro educativo Mª Aux. Salesianos Vigo. Estamos a facer un proxecto para as asignaturas de xeografía e galego, que consiste en escoller unha empresa que esté en Vigo e que cumpra unhas certas características sustentables como traballar con produtos ecolóxicos ou enerxías renovables.

Escollimos a vosa empresa polo sistema produtivo sustentable que levades a cabo e gustaríanos poder analizalo máis de cerca e coñecer todos os datos posibles acerca da vosa maneira de traballar e de utilizar os produtos.
Interésanos a información que aportades na vosa páxina web, como cando facedes referencia a calidade e a seguridade nos alimentos ou cando indicades que obtedes produtos naturais, segundo a normativa europea relativa ás materias primas. Tamén chamounos a atención o voso uso de comercio xusto e responsable e a vosa preocupación pola seguridade medioambiental.

Gustaríanos obter unha entrevista con vós para poder realizar o noso artigo para o proxecto coa maior cantidade de datos verídicos posibles, se vos parece ben esta oferta facédenolo saber mandando un correo a esta dirección:______________ ou chamando a este número de teléfono: _________.

Encantaríanos recibir unha reposta o máis pronto posible e estaríamos moi agradecidos se aceptades a nosa proposta.

Moitísimas grazas e un saúdo de: Santiago, Cloe, Verónica e Mario.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Sesión 3

Hoxe rematamos o que tíñamos atrasado da actividade 2, puxemos en común as nosas empresas e ademáis, coa a xuda de Eva seleccionamos dúas empresas para mandar a solicitude.
En galego puxémonos ao día coa actividade 3, empezamos entre os catro a redactar a solicitude para unha das empresas e aínda que non rematamos por algún contratempo grupal, cremos que se poderá solucionar e que remataremos as dúas solicitudes proximamente.

Empresas seleccionadas

NOME DA EMPRESASECTOR ECONÓMICOCARACTERÍSTICAS SUSTENTABLESLOCALIZACIÓN E
DATOS DE CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB
Reciclaxes AVI
S.L.U
Sector terciarioEs la recogida, transporte y valorización de residuos sólidos urbanos e industriales no peligrosos.Camiño do Cacheno, 17
36417 – Tameiga – MOS (Pontevedra)
+34 986 469 979
+34 619 922 782

Páxina web


Planesga




Sector terciarioEnerxías renovables
R/ Fonte das Abelleiras, s/n Local 26.2
36310 Vigo PONTEVEDRA
Telf.: 986 120 464
E-mail: info@planesga.es
AFAMSA - Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos S.A.




Sector secundarioCalidad y seguridad alimentaria.
Produtos naturales obtidos segundo á normativa europea relativa ás materias primas.
Comercio xusto
Seguridade medioambiental.
Fábricas, oficinas e laboratorio:
-Rúa Baloutas de Abaixo, 25 – Parque Empresarial A Veigadaña
36416 Mos (Pontevedra) – España
Teléfono: 986 271 458
E-mail: afamsa@afamsa.com

Instalaciones portuarias:
-Muelle del Arenal
2ª alineación
36201 Vigo (Pontevedra) – España


Limpiezas azul



Sector terciarioEmpresa responsable
Futuro mellorando
Materiais que non dañan ao medio ambiente
Telf: 986 260 844
Valbarda, 75 -
36216 Vigo (Pontevedra)
Correo:
limpezasazul@limpezasazul.com
Páxina web

Ideas para o proxecto

Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer?
Cremos que a mellor maneira de recoller datos e información sobre a empresa, como funciona, con que medios... é entrevistando aos traballadores ou ao xefe porque desta maneira, ademais de obter a información verídica de primeira man obtemos tamén as opinións dos empleados.


Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe?
1: Necesitaremos contactar coa empresa.
2: Escribiremos preguntas con relación ás características sustentables da empresa.
3: Decidiremos coa empresa a data e a hora da entrevista e solicitaremos unha entrevista co xefe ou con algún empleado.
4: Intentaremos recadar a maior información posible coas preguntas para despois ter os datos suficientes para poder realizar a nosa reportaxe.
5: Redactaremos o artigo proposto.


Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe?
1.- Por qué existe esta empresa?
2.- por qué decidiu a empresa ter as características sustentables que a diferencian das outras empresas'
3.- Cantos locais teñen?
4.- Por qué utilizan produtos ecolóxicos?
5.-Son verdade todas as características sustentables da empresa?
6.- Conseguen o rendemento económico necesario cos produtos naturais?
7.- A súa opinión sobre o comercio xusto e cando non se leva a cabo.
8.- Cantos anos levan coidando o medio ambiente e comprometidos coas características sustentables?
9.- Cren que poderán seguir tendo éxito con este método?


martes, 3 de noviembre de 2015

Sesión 2

Hoxe tivemos que rematar a búsqueda de empresas, e poñelas en común pero non nos deu tempo a rematar debido a que dúas persoas no grupo non tiñan realizada a actividade 1. Isto implicou dificultades no desenvolvemento da sesión, aínda así, estamos intentando recuperar o tempo perdido.
ademais tampouco tivemos tempo para realizar a actividade 2.