jueves, 3 de diciembre de 2015

Deseño da visita e preguntas da entrevista.

[ Debido aos problemas que tivemos coas empresas seleccionadas ( Planesga e Afamsa) escollimos unha tenda ecolóxica chamada ABC de BIO, que visitaremos este venres, nesta tenda faremos a entrevista e a video reportaxe. ]
PREGUNTAS:

1º) Só tedes esta tenda na península ou hai máis?

2º) Cal é a procedencia do voso capital?

3º) Que factores produtivos precisades para o proceso de produción( así como os recursos naturais, traballo e o capital)?

4º) O voso comercio ten métodos para reducir os custes de produción (como pode ser a deslocalización)?

5º) Que métodos utilizades para aumentar a produtividade ou incrementar as ventas ( por exemplo, a publicidade)?

6º) Que tipo de contratos elaborades para garantir a estabilidade laboral dos traballadores?

7º) Cal é o convenio colectivo que regula as condicións dos traballadores do sector?

8º) Este comercio ten relacións con outras empresas ou comercios?

9º) Cal é a situación actual do comercio?

10º) Cales son os produtos que máis vendedes?

11º) Como surxiu a idea de facer unha tenda de produtos ecolóxicos? Hai máis na cidade?

12º) Estivemos investigando pola vosa web e vimos que fanse pedidos pola península... isto vai ben?

13º) Credes que debería máis xente comprar os vosos produtos ou os clientes que tedes son abundantes?

14º) Considerades que tedes competencia con outras tendas?

15º) O voso comercio é de ámbito nacional, pensades amplialo nun futuro?

16º) Compénsavos a venta de produtos ecolóxicos e naturais, sabendo que son máis caros e que teñen menos éxito hoxe en día?

17º) En que ano se fundou esta empresa e que vos levó a idea dos produtos ecolóxicos?

18º) Que vos leva a realizar comercio xusto no voso mercado, sabendo que a produción é máis cara e as ganancias redúcense?

19º) Actualmente, de cantos empleados componse ABC de BIO?

20º) Quétipo de carreira ou formación teñen que ter os vosos empleados?

21º) Con qué obxectivo traballades co comercio xusto e os produtos ecolóxicos?

22º) Como levades a cabo a compra e venta de produtos?

23º) Fabricades vós os vosos produtos ou os comprades a outra empresa? De ser así, a qué empresa? 

24º) Como comprobades que os vosos produtos son realmente 100% naturais e ecolóxicos?

25º) Qué esperades chegar a facer con esta empresa, é dicir, cal é a vosa meta ou obxetivo?

26º) Cales son as características máis salientables que destacaríades do voso mercado? 

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Sesión 7

Hoxe en Xeografía, adiantamos as sesións atrasadas, fixemos de novo a investigación sobre a nova empresa que visitaremos este venres e traballamos sobre a redacción das preguntas.
Aínda que mnon todops os membros do grupo fixeron o mesmo esforzo por axudar, traballamos seguindo unha boa tecnica grupal cooperativa.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Sesión 6

Sociais:
Hoxe traballamos ben en grupo, non houbo discusións e realizamos un bó traballo cooperativo pero tivemos o problema de que unha empresa, da que xa tíñamos feita toda a investigación, respondeunos que a nosa información non correspondía á realidade e por iso, non podemos facer a entrevista desta empresa.
A outra empresa que tíñamos programada non nos mandou resposta e polo tanto, temos que buscar unha nova empresa polo que non avanzamos moito nesta clase.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Sesión 5

Hoxe non pudimos rematar a sesión catro e aínda non empezamos coa cinco.
O rendemento desta clase non foi moi bo xa que tíñamos moitas dúbidas sobre a empresa e moi pouca información sobre ela. Ademais aínda non temos resposta por parte de ningunha das dúas empresas e como consecuencia non podemos respostar moitos dos apartados da sesión catro.

En galego puidemos rematar a sesión catro de investigación da empresa, pero a dinámica de grupo non funcionou de todo ben xa que non conseguíamos estar todos concentrados no mesmo momento e a cada vez alguén dispersábase, por iso, o rendemento desta clase non foi especialmente bo no noso grupo pero temos previsto rematar as preguntas para a entrevista esta semán.

Investigando a Empresa.

1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
  • A nosa emresa é ABC de BIO, é de ámbito nacional e de pequeno tamano xa que hai un só supermercado. É unha S.L. pero aínda non sabemos a súa procedencia do capital e por iso, informarémonos na entrevista.
2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.
  • Pertence ao sector terciario e dentro deste pertence ao subsector dos servizos dedicados ás persoas xa que se adican a vender produtos ecolóxicos aos clientes.
3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
  • Actualmente, o sector terciario é o que máis produce empleo en España e mais no mundo enteiro. É o sector da economía que ofrece servizos ás persoas ao cubrir as súas necesidades. 
4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.
  • ABC de BIO desenvolve actividades económicas de venta de produtos en Vigo, aínda que tamén realizan pedidos a distancia.
5) Localización e factores de localización .
  • Atópase na rúa Padre don Rúa 2,bajo-Vigo (Pontevedra). Segundo os factores de localización, podemos dicir que a localización está determinada pola proximidade ás áreas urbanas e con isto, atraer a máis clientes.
6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
  • Para respostar este apartado, esperaremos ao encontro coa empresa, xa que aínda non temos moi claro se fabrican eles os produtos, qué capital reciben e os recursos naturais que utilizan.
7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
  • Os seus produtos están dirixidos a eles mesmos, xa que venden os seus produtos ecolóxicos.
8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
  • Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 
12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.
  • Teñen un compromiso intacto co cliente, a través do que podemos ver a calidade dos produtos e o comercio xusrto que se leva a cabo con eles, ademáis, teñen moitos proxectos pero obteremos máis información na entrevista.










miércoles, 11 de noviembre de 2015

Sesión 4

Hoxe en xeografía rematamos as solicitudes para as empresas que escollimos, as revisamos con Eva e as mandamos por correo pero non nos deu tempo a empezar a sesión 4 porque levamos un pouco de retraso no traballo. Tentaremos poñernos ao día o antes posible e se seguimos con esta boa dinámica de grupo, estou segura de que o conseguiremos.
Hoxe creo que foi o día de traballo máis productivo debido a que houbo bo ambiente no grupo cooperativo, nos organizamos mellor e tamén practicamos a escoita activa.

Na clase de galego tivemos certos problemas co ordenador polo que aínda non rematamos con todas as preguntas da actividade 4 pero xa están mandadas as dúas solicitudes (aínda que non temos resposta de parte de ningunha das súas) e esperamos rematar pronto o traballo.

Modelo de solicitude

Bos días:

Somos Verónica, Mario, Cloe e Santiago; catro alumnos de 3º ESO do centro educativo Mª Aux. Salesianos Vigo. Estamos a facer un proxecto para as asignaturas de xeografía e galego, que consiste en escoller unha empresa que esté en Vigo e que cumpra unhas certas características sustentables como traballar con produtos ecolóxicos ou enerxías renovables.

Escollimos a vosa empresa polo sistema produtivo sustentable que levades a cabo e gustaríanos poder analizalo máis de cerca e coñecer todos os datos posibles acerca da vosa maneira de traballar e de utilizar os produtos.
Interésanos a información que aportades na vosa páxina web, como cando facedes referencia a calidade e a seguridade nos alimentos ou cando indicades que obtedes produtos naturais, segundo a normativa europea relativa ás materias primas. Tamén chamounos a atención o voso uso de comercio xusto e responsable e a vosa preocupación pola seguridade medioambiental.

Gustaríanos obter unha entrevista con vós para poder realizar o noso artigo para o proxecto coa maior cantidade de datos verídicos posibles, se vos parece ben esta oferta facédenolo saber mandando un correo a esta dirección:______________ ou chamando a este número de teléfono: _________.

Encantaríanos recibir unha reposta o máis pronto posible e estaríamos moi agradecidos se aceptades a nosa proposta.

Moitísimas grazas e un saúdo de: Santiago, Cloe, Verónica e Mario.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Sesión 3

Hoxe rematamos o que tíñamos atrasado da actividade 2, puxemos en común as nosas empresas e ademáis, coa a xuda de Eva seleccionamos dúas empresas para mandar a solicitude.
En galego puxémonos ao día coa actividade 3, empezamos entre os catro a redactar a solicitude para unha das empresas e aínda que non rematamos por algún contratempo grupal, cremos que se poderá solucionar e que remataremos as dúas solicitudes proximamente.

Empresas seleccionadas

NOME DA EMPRESASECTOR ECONÓMICOCARACTERÍSTICAS SUSTENTABLESLOCALIZACIÓN E
DATOS DE CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB
Reciclaxes AVI
S.L.U
Sector terciarioEs la recogida, transporte y valorización de residuos sólidos urbanos e industriales no peligrosos.Camiño do Cacheno, 17
36417 – Tameiga – MOS (Pontevedra)
+34 986 469 979
+34 619 922 782

Páxina web


Planesga




Sector terciarioEnerxías renovables
R/ Fonte das Abelleiras, s/n Local 26.2
36310 Vigo PONTEVEDRA
Telf.: 986 120 464
E-mail: info@planesga.es
AFAMSA - Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos S.A.




Sector secundarioCalidad y seguridad alimentaria.
Produtos naturales obtidos segundo á normativa europea relativa ás materias primas.
Comercio xusto
Seguridade medioambiental.
Fábricas, oficinas e laboratorio:
-Rúa Baloutas de Abaixo, 25 – Parque Empresarial A Veigadaña
36416 Mos (Pontevedra) – España
Teléfono: 986 271 458
E-mail: afamsa@afamsa.com

Instalaciones portuarias:
-Muelle del Arenal
2ª alineación
36201 Vigo (Pontevedra) – España


Limpiezas azul



Sector terciarioEmpresa responsable
Futuro mellorando
Materiais que non dañan ao medio ambiente
Telf: 986 260 844
Valbarda, 75 -
36216 Vigo (Pontevedra)
Correo:
limpezasazul@limpezasazul.com
Páxina web

Ideas para o proxecto

Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer?
Cremos que a mellor maneira de recoller datos e información sobre a empresa, como funciona, con que medios... é entrevistando aos traballadores ou ao xefe porque desta maneira, ademais de obter a información verídica de primeira man obtemos tamén as opinións dos empleados.


Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe?
1: Necesitaremos contactar coa empresa.
2: Escribiremos preguntas con relación ás características sustentables da empresa.
3: Decidiremos coa empresa a data e a hora da entrevista e solicitaremos unha entrevista co xefe ou con algún empleado.
4: Intentaremos recadar a maior información posible coas preguntas para despois ter os datos suficientes para poder realizar a nosa reportaxe.
5: Redactaremos o artigo proposto.


Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe?
1.- Por qué existe esta empresa?
2.- por qué decidiu a empresa ter as características sustentables que a diferencian das outras empresas'
3.- Cantos locais teñen?
4.- Por qué utilizan produtos ecolóxicos?
5.-Son verdade todas as características sustentables da empresa?
6.- Conseguen o rendemento económico necesario cos produtos naturais?
7.- A súa opinión sobre o comercio xusto e cando non se leva a cabo.
8.- Cantos anos levan coidando o medio ambiente e comprometidos coas características sustentables?
9.- Cren que poderán seguir tendo éxito con este método?


martes, 3 de noviembre de 2015

Sesión 2

Hoxe tivemos que rematar a búsqueda de empresas, e poñelas en común pero non nos deu tempo a rematar debido a que dúas persoas no grupo non tiñan realizada a actividade 1. Isto implicou dificultades no desenvolvemento da sesión, aínda así, estamos intentando recuperar o tempo perdido.
ademais tampouco tivemos tempo para realizar a actividade 2.

sábado, 24 de octubre de 2015

Empresas en Vigo.



NOME DA EMPRESASECTOR ECONÓMICO CARACTERÍSTICAS SUSTENTABLESLOCALIZACIÓN E
DATOS DE CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB
AFAMSA - Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos S.A.
Sector  secundario
-Calidad y seguridad alimentaria.
-Produtos naturales obtidos segundo á normativa europea relativa ás materias primas.
-Comercio xusto.
-Seguridade medioambiental.
Fábricas, oficinas e laboratorio:
-Rúa Baloutas de Abaixo, 25 – Parque Empresarial A Veigadaña
36416 Mos (Pontevedra) – España
Teléfono: 986 271 458
E-mail: afamsa@afamsa.com

Instalaciones portuarias:
-Muelle del Arenal
2ª alineación
36201 Vigo (Pontevedra) – España
http://afamsa.com/

Alacena Galega




Sector terciario de distribución-Calidad: cultivos con certificación ecolóxica.
-Consumo responsable.
FENTOS, Calle Urzáiz, 85 - Entlo. - Oficina 1. 36204 Vigo
Telf: 886 113 976
Correo: bio@alacenagalega.com
http://www.fentos.es/

.




















miércoles, 21 de octubre de 2015

Sesión 1

Hoxe decorei o blog, añadín os gadgets, as etiquetas, fotos... e todos os elementos que me gusta que compoñan un blog. despois co tempo qque me quedou, comencei a investigar sobre as empresas, encontrei algunha e gardei os enlaces aínda que non me deu tempo a rematar a listaxe e por iso aínda non subín a entrada. Creo que esta clase foi productiva, porque ainda que non terminei completamente a tarefa de hoxe, considerop o traballo de investigación bastante difícil e practicamente imposible de realizar no tempo que me quedou despois de deseñar o blog, pero non creo que iso cause problemas.

jueves, 15 de octubre de 2015

Presentación:

Bos días!
O meu nome é Cloe, e esta é a primeira entrada do meu blog de xeografía, da materia de sociales. aquí subiréis todos os meus traballos desta asignatura, así como as actividades de positivo.
Pronto subirei a nosa primeira actividade de positivo, o anuncio "non enganoso".