miércoles, 11 de noviembre de 2015

Modelo de solicitude

Bos días:

Somos Verónica, Mario, Cloe e Santiago; catro alumnos de 3º ESO do centro educativo Mª Aux. Salesianos Vigo. Estamos a facer un proxecto para as asignaturas de xeografía e galego, que consiste en escoller unha empresa que esté en Vigo e que cumpra unhas certas características sustentables como traballar con produtos ecolóxicos ou enerxías renovables.

Escollimos a vosa empresa polo sistema produtivo sustentable que levades a cabo e gustaríanos poder analizalo máis de cerca e coñecer todos os datos posibles acerca da vosa maneira de traballar e de utilizar os produtos.
Interésanos a información que aportades na vosa páxina web, como cando facedes referencia a calidade e a seguridade nos alimentos ou cando indicades que obtedes produtos naturais, segundo a normativa europea relativa ás materias primas. Tamén chamounos a atención o voso uso de comercio xusto e responsable e a vosa preocupación pola seguridade medioambiental.

Gustaríanos obter unha entrevista con vós para poder realizar o noso artigo para o proxecto coa maior cantidade de datos verídicos posibles, se vos parece ben esta oferta facédenolo saber mandando un correo a esta dirección:______________ ou chamando a este número de teléfono: _________.

Encantaríanos recibir unha reposta o máis pronto posible e estaríamos moi agradecidos se aceptades a nosa proposta.

Moitísimas grazas e un saúdo de: Santiago, Cloe, Verónica e Mario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario